Ensaios clínicos,
onde a saúde cobra vida. Un tratamento que hoxe salva vidas comeza cun ensaio clínico.

Os avances comezan aquí

Os ensaios clínicos son estudos de investigación médica que buscan novas formas de tratar enfermidades, mellorar terapias xa existentes ou comprender mellor como funcionan os medicamentos no organismo. Constitúen un paso fundamental que transforma a investigación en solucións reais para a saúde. 

Estos estudos realízanse sempre baixo un estricto control de seguridade e sempre supervisados por equipos médicos altamente cualificados.

Ademais, cada ensaio segue protocolos establecidos por organismos reguladores, garantindo que a seguridade e o benestar das persoas participantes sexan a prioridade.

Ao longo da historia, os ensaios clínicos permitiron desenvolver avances médicos que hoxe forman parte da nosa vida diaria. Desde vacinas ata tratamentos contra enfermidades crónicas, cada pequeno avance comezou coa decisión de investigar e probar novas solucións. 

Cerebro 4
A investigación é o motor do progreso.
Os ensaios clínicos son o camiño.
Investigación medica
Investigación médica
Supervisión experta
Supervisión experta
Avance en medicina
Avance en medicina

Quen participa?

Os ensaios clínicos son posibles grazas á colaboración de diferentes profesionais e entidades que traballan conxuntamente para garantir que os estudos se realicen de maneira ética, segura e efectiva.

Un dos principais motores desta labor é o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), un referente en investigación biomédica que impulsa numerosos estudos que melloran a saúde da poboación a través da innovación científica. 

Coñeces a todas as partes integrantes dun ensaio clínico?

Icono laboratorio

Persoas coordinadoras dos ensaios clínicos

Xestionan e supervisan cada fase do estudo, asegurando que se cumpran os protocolos e que as persoas participantes reciban a mellor atención posible.

Icono enfermeria

Persoal de enfermaría

Un apoio esencial en todo o proceso, realizan o seguimento, administran os tratamentos e acompañan ás persoas participantes.

Icono enfermeria

Farmacéuticas e spin-offs

Empresas e grupos de investigación que desenvolven e estudan novos tratamentos.

Icono paciente

Persoas participantes

Sen a súa implicación, non sería posible avanzar na busca de novos tratamentos.

Quen pode formar parte?

Os ensaios clínicos precisan a participación das persoas voluntarias para avaliar a seguridade e a eficacia dos novos tratamentos. Dependendo do estudo, poden participar tanto persoas sas como pacientes con enfermidades ou condicións específicas. Cada ensaio ten criterios de selección moi específicos, deseñados para garantir a seguridade das persoas participantes e obter resultados fiables. 

Antes de participar, un equipo médico avalía cada caso de maneira individualizada para garantir que o estudo sexa axeitado para a persoa candidata.  Se tes dúbidas sobre a túa posible participación, non dubides en consultar cun/unha profesional sanitario/a. 

Cerebro 5

Idade

Algúns estudos buscan participantes dentro dun rango de idade específico. 

Cerebro 3

Historial médico

A participación pode depender de tratamentos previos ou de enfermidades pasadas. 

Cerebro 1

Estado de saúde

Algúns ensaios inclúen persoas sas, mentres que outros están dirixidos a quen presenta unha determinada condición médica. 

Paso a paso cara un novo tratamento

Cada tratamento que usamos hoxe pasou por un longo proceso de investigación antes de estar dispoñible para a poboación. Xa coñecías este proceso?

Tabla ensayos
Tabla 2
TAbla 4
Tabla 3
Tabla 2

A aprobación do novo tratamento é un proceso longo, pero necesario para garantir que cada avance sexa seguro e efectivo.

A voz das persoas participantes

A mellor forma de entender o valor dun ensaio clínico é a través da voz de quen xa formou parte deles. 

Cerebro 2
Paciente de ensaio
" Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore et dolore magna "
Paciente de ensaio 2
" Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore et dolore magna "

Preguntas frecuentes

Son seguros os ensaios clínicos?

Si, os ensaios clínicos seguen protocolos estritos e están supervisados por equipos médicos e científicos altamente cualificados. Antes de que un ensaio chegue á fase de proba en persoas, pasa por unha extensa investigación en laboratorio e en modelos preclínicos. Ademais, están regulados por comités éticos e autoridades sanitarias que garanten a seguridade das persoas participantes. Durante todo o estudo, as persoas voluntarias son monitorizadas para detectar calquera efecto adverso e poder recibir atención médica se é necesario. 

Por suposto. A participación nun ensaio clínico é completamente voluntaria e calquera é libre de retirarse en calquera momento, sen necesidade de dar explicacións e sen que iso afecte a súa atención médica.  

Non, pero algúns estudos ofrecen compensación económica polo tempo e os gastos derivados da participación, como desprazamentos ou dietas. Outros non proporcionan pago, pero poden cubrir custos médicos relacionados co estudo.  

A información persoal e médica está estritamente protexida segundo a normativa vixente de protección de datos. Os resultados dos ensaios clínicos publícanse de maneira anónima e codificada, garantindo que os datos persoais nunca sexan revelados sen o consentimento das persoas voluntarias. Ademais, só o equipo médico autorizado terá acceso á información durante o estudo. 

A mellor opción é consultar co teu profesional médico de confianza, quen poderá asesorarte sobre se un ensaio clínico é unha opción adecuada para ti.  

IDIS. A innovación que impulsa o futuro da medicina

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) é unha referencia na investigación biomédica en Galicia e a nivel nacional.  

A súa misión é impulsar proxectos innovadores que melloren a prevención, diagnóstico e tratamento de diversas enfermidades. Para iso, promove a colaboración entre persoal investigador, profesionais sanitarios e a industria biomédica, garantindo que os avances científicos se transfiran de maneira efectiva á práctica clínica. 

Os estudos abranguen múltiples áreas terapéuticas e contan cun equipo altamente cualificado que traballa para dar resposta aos desafíos da medicina actual. A aposta pola excelencia, a innovación e a seguridade converten este instituto nun dos principais motores do progreso sanitario, co obxectivo de mellorar a calidade de vida da poboación. 

No IDIS, a investigación está centrada nas persoas.